O venres 28 de novembro fomos de excursión a Santiago, primeiro demos unha volta pola "Praza de Abastos"
E logo fomos a ver a exposición da colección de arte de ABANCA, que reunía unha ampla selección de artistas do século XX, tanto de dentro como de fora de Galicia. Se queres lembrar o que vimos ou ampliar os teus coñecementos visita o seguinte enlace para ver a «Tradición, cambio e innovación»
http://coleccion.abanca.com/es/Coleccion-de-arte/Destacados/
Os nenos e nenas do colexio de Urdilde, foron artistas por un día. Mirade que obras de arte!!
E como non, o soño de todo artista é ter a súa obra exposta. E os nosos artistas tamén tiveron a súa exposición
Ningún comentario:
Publicar un comentario